Os veciños de Louredo están de parabéns. Por fin, a localidade vai contar cun parque infantil como Deus manda... ou como mande o alcalde, porque a cousa non está do todo clara. Tendo en conta que os terreos foron doados polo bispado, o recinto debería levar o nome do bispo Casares, pero Delmiro non está de acordo. O primeiro edil, que de prudencia non anda moi sobrado, nun ataque de anticlericalismo gravará un “Delmiro responde” dos que fan historia. Non faltarán insultos para os católicos de Louredo. Pero serán as mensaxes contra a integridade física de Don Crisanto as que calen, para mal, entre a súa audiencia.  A oposición católica, con don Crisanto á cabeza, non tardará en responder ás ameazadas do primeiro edil. E farao da mesma maneira: a través da Internet. Unha moda á que acabará sumándose a mesmísima primeira dama, que producirá o seu propio “Moncha online”, con fins aínda por descubrir. Mentres tanto, outra guerra aínda máis cruel estalará na casa de Puri. Tras anos de lit