No episodio desta semana da serie “Padre Casares”,  Maite promete dar moita guerra, da que lle gusta dar a ela. Nun novo arrebato de loita pola igualdade de sexos e a conciliación da vida familiar, non se lle ocorrerá nada mellor que esixirlle ao seu alcalde, Edelmiro Ferreria, a construción dun parque infantil en Louredo.  Unha idea sensata, viable e práctica, pero que se topa cunha inxente cantidade de problemas. Por exemplo: o concello non dispon de terreos para iso. A solución: expropiarllos á única persoa propietaria dunha leira adecuada, que non é outra que don Crisanto. Pero é de sobras sabido que Delmiro de valor non anda sobrado, polo que Maite será a encargada de trasladar a noticia.  Non tardará en desatarse unha batalla campal ao máis puro estilo de Louredo. As beatas levantaranse en armas, en defensa do patrimonio do seu cura emérito e á funcionaria non lle quedará máis remedio que recorrer ao bispo Casares, unha vez máis, para que medie no conflito.  A solución sorpren