A Televisión de Galicia estreará esta noite “O admirador secreto”, un novo capítulo e unha das entregas máis divertidas das ofrecidas ata agora pola serie “Padre Casares”. En ausencia de Maite, Elsa fíxose cargo dunha das súas clases de ioga. Pero parece que a pastora non impón tanto respecto ás súas alumnas, que nin se preocupan xa de apagar o móbil antes de comezar os seus exercicios. Que se chamadiñas, que se mensaxiñas e o non parar do toniño do WhatsApp.... Non son o máis apropiado nun suposto ambiente de relaxación. A Elsa non lle quedará máis remedio que requisar os teléfonos das súas alumnas.  Outro que quedará sen móbil temporalmente será don Perfecto. O novo cura viu nas novas tecnoloxías a mellor das axudas para o seu labor pastoral. Axuda espiritual vía chat e consultas por mensaxería son algúns dos adiantos que ofrece aos seus fregueses. A quen non lle fai demasiada graza tanto adianto é a don Crisanto, celoso de que o seu compañeiro de traballo “se lle quede coa clientel