Esta semana unha estraña urticaria cebarase cos habitantes de Louredo. É de todos coñecidos que Puri, a peiteadora da vila, é moi agarrada. Pero tanto como para non pagar a auga? Ante a falta de pagamento continuada, a Delmiro non lle quedará máis alternativa que cortarlle a subministración. Pero Puri é unha muller de recursos, polo que axiña atopará unha alternativa. A partir dese momento, no seu establecemento ofrecerase unha lavado de cabeza “diferente e exclusivo” e ata con efectos afrodisíacos. Será tal o éxito que a parroquia quedará sen fregueses para as súas misas. Todos estarán a facer cola na barbaría. E ata o mesmísimo don Perfecto sucumbirá ante a posibilidade de probar tan magnífico tratamento. Pero, a falta de control sanitario ningún, axiña aflorarán os primeiros efectos secundarios. Unha estraña urticaria cebarase cos veciños da parroquia, pero onde apuntarán as primeiras sospeitas?. Evidentemente, ao bar de Lidia e Sindo. A batalla promete ser moi cruenta.