No último capítulo da anterior temporada, os espectadores asistiron á despedida de don Rodrigo. No seu adeus contaba coa inestimable axuda e consello do agora bispo Horacio Casares; a sorpresa dos seus compañeiros de traballo, don Crisanto e don Perfecto, e a retranca e as sospeitas do resto de veciños da súa parroquia. Agora que pasou o tempo, parece que algo está cambiando en Louredo. Especialmente para Delmiro, que, se ben nunca demostrou ser un exemplo de estabilidade mental, agora parece que perdeu a cabeza para sempre. O alcalde será o protagonista indiscutible da noite e cando Delmiro a encerella nunca deixa indifernente a ninguén. Un accidente, facendo das súas, provocará no primeiro edil un cambio radical e sorprendente. O ateo máis ateo de todos os tempos sorprenderá os seus veciños cunha misteriosa conversión. Esta situación promete facer rir, e moito, á audiencia da TVG, sufrir a algún que outro personaxe e divertirse moito ao resto, por suposto, a costa do seu alcalde, xa