A Televisión de Galicia emitirá este domingo o último capítulo da temporada da serie “Padre Casares”, titulado “Adeus, Louredo”, en que don Rodrigo decide colgar a sotana. Don Horacio recíbeo no seu despacho do bispado para ultimar os detalles da súa despedida. Pero aínda quedan unhas cantas cousas por facer e a máis difícil vai ser comunicar a súa decisión aos veciños de Louredo e, moi especialmente, a don Crisanto.  Sen embargo, cometerá o erro de falar en primeiro lugar con Delmiro. Unha indiscreción de Moncha fará que a noticia corra como a pólvora por Santo Antonio de Louredo, cuxos veciños non tardarán en facer o que adoitan en ocasións como esta: buscar culpables entre as súas filas, enredar e xerar conflitos. Neste caso, a elixida será Maite, sedutora oficial da comarca, e os argumentos, tan sólidos, que farán crer á propia funcionaria na súa culpabilidade.  Pero a peor parte da historia, coma sempre, levaraa don Perfecto. Claramente é un personaxe nado para sufrir. E, unha