A Televisión de Galicia ofrecerá este domingo un novo capítulo da serie “Padre Casares”. Desta volta, Miñato é pillado coas mans na masa unha vez máis. Puri cazouno en actitude moi pouco digna entre os froitos da súa horta. Unha escena demasiado escatolóxica para que a peiteadora considere o consumo humano da súa produción. Pero é todo un malentendido. Realmente Miñato estaba a buscar materia prima para un novo negocio: a produción e venda de augardente caseira.  O que non sabe o chapuzas é que Elsa, con quen Puri comparte vivenda, ten unha receita infalible. Unha apócema secreta que, ben comercializada, podería facelos ricos a todos. Só require de tres elementos imprescindibles: materia prima, Elsa e discreción. Pero, tratándose de Louredo, axiña toda a vila tratará de participar do próspero negocio, para máis inri ilegal.  E non só ilegal, seguro que é pecado. Ou iso pensa Miñato, convencido de que, se queren ter éxito, deben evitar por todos os medios calquera sospeita por parte dos