Esta noite, nun novo capítulo de “Padre Casares”, o día a día parece pasarlle factura á pobre Amelia, que, alertada polos comentarios dalgúns dos seus veciños, decide realizar un cambio de imaxe. Para algúns pode ser unha decisión radical, para aqueles que non saben que en Louredo os comentarios poden ser demoledores. E cando de cambio de imaxe se trata, Puri é a indicada. Aínda que nesta ocasión, o seu traballo non será suficiente para a gobernanta da casa reitoral, que busca algo máis radical.  Pouco familiarizada coa cosmética e coas tendencias actuais, Amelia excederase un pouco na súa nova maquillaxe. Tanto que as comparacións non se farán esperar: que se se pinta máis que a porta dun club de alterne, que se parece unha adolescente en celo... A súa nova imaxe será o dixomedíxome de todo a veciñanza. Pero quen se atreverá a dicirllo á cara?  Mentres, Lidia e Sindo viven un momento moi especial. Alentados por Miñato, a parella decidiuse a apadriñar un neno. Supostamente, chámase Elv