A Televisión de Galicia ofrecerá este domingo un novo capítulo da serie “Padre Casares”, titulado “In nomine patris”. Nel, os espectadores verán como nada se lle pasa a Amelia, a gobernanta da casa reitoral. Unha revisión de gastos rutineira deixou ao descuberto algo inquietante: disparouse o consumo do viño da misa no último mes e dá a casualidade de que ese é o tempo exacto que leva Miñato traballando de sancristán. Está a coller borracheiras o chapuzas á conta da parroquia? As primeiras e preocupantes indagacións descobren que Miñato montou un novo negocio, esta vez a expensas da Igrexa. Ante a acusación, ao chapuzas de Louredo sóbranlle tempo e recursos para botar balóns fóra, conseguindo que as sospeitas se centren no novo párroco de Santo Antonio de Louredo, don Perfecto.  E é que ao novo sacerdote parece que lle medran os ananos, pois Miñato non será o único que se aproveite del. O mesmísimo don Crisanto parece atopar o entretemento perfecto para os seus momentos de lecer: int