Os espectadores da serie “Padre Casares” asistirán hoxe a un feito inaudito: en plena crise económica mundial, o concello de Louredo pecha as súas contas anuais con superávit. A primeira intención de Delmiro será fachendear da súa boa xestión para gañar puntos na súa carreira política. Pero entre Maite e Miñato non tardarán moito en convencer o seu alcalde de que os cartos están para gastalos. Con todo, non haberá consenso en como investilo: lecer ou cultura? Sen encomendarse a ninguén, Maite porá en marcha un proxecto para levar a imaxe de Louredo por todo o mundo: un concurso de ideas para a edición dun selo conmemorativo. Pero o plan de Delmiro ten o churrasco e a París de Noia como protagonistas. A falta de acordo, será a vila a que teña a última palabra. Mentres tanto, na casa reitoral abriuse unha nova fronte na continua guerra entre Crisanto e Perfecto. Unha telenovela mantén en ascuas ambos os dous sacerdotes, pero ao  cura novo non lle acaba de agradar o volume tan alto co que