“Padre Casares”, unha das series de máis éxito na historia da Televisión de Galicia, chega este domingo (22.00 horas) ao seu capítulo número 200 despois de 6 anos en antena e coa sorpresa da volta do seu personaxe máis emblemático, Horacio Casares.
Neste capítulo 200, Don Crisanto fai 80 anos, aínda que o sacerdote non quere que se comente demasiado debido a que teme que a diocese o substitúa á fronte da parroquia. Pero a noticia corre como a pólvora por Santo Antonio de Louredo e chegará axiña a oídos das autoridades da diocese, que mandan un novo sacerdote, de nome Perfecto e, para máis inri, de apelido Novo.