No episodio de “Padre Casares” que a canle autonómica ofrece este domingo, a crise económica azouta Louredo e o seu alcalde busca novas vías de recadación. Mentres, Lidia, desesperada por facer caixa, pon á venda un lote de produtos de alimentación caducados. O engano iráselle axiña das mans e o lote irá parar á beneficencia. Coñecedor dos feitos, Sindo relataralle o delito da súa muller a don Crisanto. A penitencia será dura: reparar o dano e confesar ante os afectados. Pero, como facelo, se nin sequera é capaz de dicirllo á súa muller?  A que non ten ningún propósito de emenda é Lidia, que ademais anda demasiado ocupada nunha particular pelexa con Puri. O motivo é un pedido botado a perder e as consecuencias serán demoledoras.  Pero o máis desfavorecido da vila é Josito, que, incapaz de compartir cama de maneira casta con Maite e levar unha vida psicoloxicamente saudable ao mesmo tempo, verase na rúa e sen un teito que o acubille. Non lle quedará outra ao eterno candidato a funcion