Este domingo os seguidores da serie “Padre Casares” verán como un ladrón, bastante incauto, anda solto por Santo Antonio de Louredo. O que é amigo do alleo non se lle ocorreu nada mellor que roubar a Puri, a veciña mellor armada da vila. Á peiteadora desapareceulle a colleita de patacas e está claro que a cousa non vai quedar así. Presa da inseguridade veciñal, Puri esixiralle ao alcalde que lle proporcione a vixilancia necesaria. Ante a súa negativa, a terratenente decidirá tomarse a xustiza pola súa man. Como contra Puri non pode ninguén, os danos colaterais prometen ser serios. Lidia, sospeitosa de vender patacas de orixe dubidoso na súa tenda, será a primeira vítima. Tras unha rigorosa investigación e coa axuda de Elsa, Puri urdirá un retorcido plan para atrapar o ladrón coas mans na masa. Mentres tanto, na casa reitoral Amelia sofre un accidente doméstico. Unha lea con don Crisanto por cuestións culinarias derivará nun aparatoso golpe e nun desprendemento de retina. Como é de espe