O comezo de ano para Louredo pódese dicir que foi como Deus manda: visita do novo bispo, todo o mundo de punta en branco e estala unha tormenta que acaba coa festa. Onde foi parar o raio? Ao mesmísima cocote de súa excelencia.  Mentres, os louredáns seguen na súa liña. Por exemplo, xa é coñecida a historia do fugaz matrimonio de Elsa co músico rueiro de pasado estafador e que deixou a Elsa coa dúbida de se o seu matrimonio está consumado ou non.   No capítulo desta noite, Elsa segue decidida a resolver esta dúbida. Na súa investigación acudirá, entre outros, a don Crisanto. O caso é que as súas indagacións non lle van botar moita luz e aínda se sentirá máis confusa ao descubrir que, quizais, o seu matrimonio nunca existiu.  O que si pasou foi a  noite tola de Maite e Josito.  Quen o sabe ben é Puri, que os pillou no leito do pecado e na súa propia casa. Eles mesmos non saben exactamente o que pasou pero, fartos de ser a diana dos ruxerruxe e tras a expulsión de Josito da casa da súa so