Os espectadores da serie “Padre Casares” poderán ver este mércores como algo estraño está a acontecer polas noites no bar de Lidia e Sindo. Unhas supostas obras de mellora na fosa séptica manteñen a Miñato ocupado, noite tras noite, no local de Louredo. Nada raro se non fose porque non hai fosa séptica.  Lidia parece non decatarse do detalle, pero nada escapa ao olfacto investigador de Sindo, que axiña descifrará o enigma: Lidia e Miñato confabuláronse para organizar partidas clandestinas no bar. Os escrúpulos de Sindo impídenlle comungar co delito da súa muller. Como pode permanecer impasible mentres os seus veciños caen desplumados no seu local? Pero a sorpresa será supina cando descubra que ás devanditas partidas asisten personaxes que un xamais pensaría capaces de darlle ao vicio do xogo.   Mentres tanto, Elsa continúa o seu romance, por agora platónico, co misterioso músico de rúa. Pero os seus sentimentos van crecendo co tempo e quizais chegou o momento de dar un paso máis. Será