No novo capítulo de “Padre Casares” que a Televisión de Galicia emite esta noite, os seguidores da serie poderán ver como a desaparición duns restos arqueolóxicos de gran valor converte a don Crisanto e a Damián en fuxitivos da xustiza. A parella contará coa colaboración de Elsa e de Amelia para esconderse da Garda Civil ata que, tirando do fío e grazas ás indagacións de don Crisanto, se descobre que a igrexa parroquial podería albergar un importante xacemento arqueolóxico. Algo que, se chega a oídos dos medios de comunicación, podería paralizar as reformas emprendidas polo sacerdote. Aínda que por agora os medios parecen moi ocupados seguindo as peripecias de Delmiro, que, nun intento desesperado por salvar o concello, encadéase ás portas da casa consistorial. Pero a que si sacará partido da presenza da prensa en Louredo será, unha vez máis, a mediática Conchita de Tapeirán, que lle lanzará un novo reto ao agónico primeiro edil: en poucas horas, a temible candidata ameaza con tomar po