“Unha noite no inferno” é o título do novo episodio de “Padre Casares” que a TVG ofrece esta noite. Os espectadores poderán ver como Miñato foi capturado por Delmiro. Ao principio, o chapuzas non se mostra moi colaborador, pero todo cambiará cando descubra a cara máis oculta de Urbano, convertido por un día en torturador. Ou algo parecido. Porque de todos é sabido que, entre os moitos talentos que ten Urbano, ningún ten que ver coa violencia física.