Un invitado secreto visitará Louredo para reunirse co alcalde e tratar un tema delicado: unha reclamación territorial e moral, fortemente documentada ao longo dos anos e que acabaría, definitivamente, co problema do censo. Pero o que non sabe Delmiro é que no seu concello hai un infiltrado, un traidor sen escrúpulos que lle está a pasar información moi sensible a Conchita de Tapeirán.