Se antes das eleccións Delmiro Ferreira non consegue que Santo Antonio de Louredo chegue aos mil habitantes, terá que cruzar “en pelotas” a praza maior da vila. Así se desprende dunha entrevista que ofrece a súa contrincante, Conchita de Tapeirán, a unha emisora de radio.  Trátase dunha aposta que Delmiro querería manter en segredo, feito que falando de Delmiro o máis normal é que saia publicado ata na prensa internacional. E case pasou así, xa que en canto se fai público o reto, os acontecementos precipítanse na súa contra. Maite e Urbano traballan contrarreloxo en busca dunha solución, pero só unha persoa en Louredo será capaz de pararlle os pés a Conchita de Tapeirán: Moncha, primeira dama de Louredo.  Mentres tanto, Elsa vive con indignación a suposta convalecencia da súa ata agora amiga Puri. O motivo é que a peiteadora se comporta con ela como unha auténtica tirana e aprovéitase dos bos sentimentos da pastora e do resto de veciños da vila. Será capaz Elsa de desenmascarar á mull