Esta noite, no capítulo Portas Pechadas, Delmiro está moi preocupado porque morreu un habitante de Louredo, e por censo xa non son Concello. Non quere que ninguén se entere, polo que non llo conta nin a Moncha, que por mal entendidos pensa que ten unha amante. Cre confirmar as súas sospeitas cando lle contan que unha muller saíu do despacho. Sen embargo esta muller non é outra que Conchita de Tapeirán, que lle pide consellos a Delmiro para chegar a ser a nova alcaldesa de Ferráns. Por outra parte Puri rompeu unha perna e non ten a ninguén que a coide, polo que Lidia quere organizar unhas quendas entres os veciños para axudala. Ao non presentarse ninguén, será Elsa a que, para desgusto de Puri, se encargue de coidala. Crisanto regresa a vivir na reitoral e está moi ocupado organizando as obras de reforma da Igrexa, das que ninguén sabe nada.