No capítulo desta noite de “Padre Casares”, Santo Antonio de Louredo prepárase para a Semana Santa e Elsa exerce de catequista cos mozos que preparan a súa confirmación. Coa mellor intención, intenta resolver as dúbidas que lle expoñen os mozos, pero hai unha cousa para a que a pastora non está preparada: para falar de sexo. Ante as incómodas preguntas dos mozos, non queda máis remedio que recorrer a don Rodrigo.  O novo párroco debe reconducir a conversación cara ao que realmente importa: a Semana Santa. Para captar a atención dos confirmantes, o cura explicaralles a paixón, morte e resurrección de Xesús, baseándose nunha historia real, acontecida recentemente en Louredo e que ten a Puri e a Moncha como protagonistas. Trátase do auténtico calvario vivido pola primeira dama tras a desaparición de Álvaro, o masaxista, co diñeiro da conta de Puri. A peiteadora decidiu entón tomar a xustiza pola súa man. As testemuñas aseguran que o asunto rematou con tres tiros de escopeta e a detenció