O traballo desborda a primeira dama de Louredo, Moncha, xa que amais de ter que atender a casa reitoral xunto a Elsa, porque Amelia continúa no hospital, vai recibir na casa a visita inesperada de Fina co fillo, Antoniño, que regresan á vila coa intención de quedárense e busca refuxio e apoio en Moncha e o alcalde, pois as relacións con Puri, a nai, non pasan polo seu mellor momento. Pero a pregunta que percorrerá todo Louredo como a pólvora é: onde está Josito? O único que acerta a dicir Fina é que deixou o seu noivo plantado nas Canarias, pero un escándalo sexual, que di que Josito anda leado cunha "pendanga", ameaza a tranquila vida familiar do alcalde. Namentres, moi preocupado por Amelia, Horacio Casares prepara con discreción a súa viaxe a Roma e pídelle axuda a don Crisanto, que lle vai pasar unha boa factura.