Cando Roi e Nemo van a bordo do Nautilius, os outros vixilantes mergúllanse para investiga-lo fondo do mar, pero pouco despois unha terrible figura coa forma dun dragón mariño vai contra o submarino ameazando ós vixilantes, a Roi e a Nemo. A bordo do navío de Dabondo, Drake da por segura a morte dos vixilantes. Mentres tanto, Xabarín, estrela da televisión e membro dos vixilantes, está dando a noticia do misterioso ataque ós mariñeiros por parte de monstros, pero de súpeto un estraño geiser leva á superficie a Nemo e a Roi xunto cos restos do Nautilius. A panda olla como Dabondo leva o tesouro para o seu cuartel xeral, pero nese momento a besta entra no pasadizo subterráneo e o dragón perde a súa pel deixando ve-la súa estructura metálica e emerxendo do seu interior outros membros do equipo... O son da cuncha que toca Nemo fai que unha serpe que estaba durmida no fondo do mar vaia cara eles para salvalos. A serpe é Nessie, un dragón femia que custodia o tesouro mariño...