Unha vella lenda celta dí que os poderes do ben e os do mal tomaron corpo en dúas poderosas gaitas que loitaron no pasado nunha batalla terrible para obte-lo control da natureza. A pipa boa saíu victoriosa e salvou ó mundo celta de escuridade, aínda que ninguén soubo o que pasou coa gaita mala. No percorrido do Camiño a xente cre que a mítica gaita veu do seu país, e, aínda que é unha lenda, Roi está fascinado con ela e quere aprender a tocala pensando que así vai poder tomar parte na batalla das gaitas no bosque de Bretaña, a reunión máis importante de música celta. Ó mesmo tempo, Merlín vai a unha conferencia de druidas no mesmo bosque, onde os magos descobren que os poderes da escuridade aínda están activos e que só a vella gaita poder paralos... O profundo bosque de Bretaña, un dos últimos cubertos pola Corporación Dabondo, prepárase para unha grande operación, a construcción de luxosas mansións chamadas Mesa redodnda. Dabondo contrata a un meigo que dí ter nas súas mans a antiga g