Os vixilantes da Vía Lactea enfróntanse ó seu peor inimigo, o mal humor. O camiño das estrelas foi remexido das súas cinzas e todo o mundo se prepara para celebralo. Un longo convoi de estrelas do espectáculo vai face-lo camiño para inaugurar unha nova era de harmonía e solidariedade. Pero mentres diferentes megaestrelas do espectáculo como Pavaroti, as top models de Coco e Chanel, ou a banda tecno celta das Tecnoreteiras, se preparan para face-lo Camiño, o diabólico Dabondo matina novas batallas e asía amistade convertirase en enemistade e a solidariedade en traizón. Para consegui-los seus fins, Dabondo conta coa axuda do experto en mentiras, ali Malfalar, un espía adestrado no medio este. Pero o vello Merlín descobre o xeito de evitar tal embruxamento, un meigallo de Malfalar que ameaza con rachar co bo humor de todo o planeta...