O Escudo das Estrelas, antídoto contra o "mal da pedra", gravado por R-7 despois dunha truculenta aventura na mansión do varón Von Zeppelin, ten que ser devolto a Lugar do Camiño. Sen embargo, unha actitude pouco negociadora por parte de Roi conduce a toda a panda a Dabondópole e, polo tanto, ó cerme mesmo do "mal". A acción desénrolase pois, na megacidade construída polo malvado Dabondo, na que existen reproduccións virtuais de tódolos monumentos extinguidos polo misterioso "mal da pedra". As intencións de Dabondo están claras: enriquecerse á conta desta desgracia para a humanidade, polo que entre os seus plans máis inmediatos está o de neutralizar á panda de antiheroes procedente de Lugar do Camiño. Un pouco por azar, outro pola intuición de Roi e moito pola afortunada intervención de Xabarín parece que a aventura vai a resolverse cun saldo positivo. Sen embargo, "as estratexias de Dabondo son sibilinas", alguén está disposto a deixarse seducir pola traición.