Rescatada xa para maior gloria da Humanidade a antiga orde do Os Vixilantes do Camiño, Xabarín parte na compaña de Roi, rómulo e Reme, Kati Kate e R-7 cara Kartofópole, un territorio situado na Alemaña actual. O seu obxectivo é localizar o escudo máxico de Chascarraschás, que foi fundador da Orde de Os Vixilantes e que permanece desde hai cincocentos anos cautivo dun encantamento. O Escudo das Estrelas é o primeiro eslabón dunha cadea que pretende deter o avance do chamado "mal da pedra", a misteriosa enfermidade que está a rematar con tódolos conxunto histórico-artísticos da Humanidade. Polo camiño, a panda de Vixilantes haberá de atoparse con personaxes singulares: as Tecnoreteiras, un grupo de cinco guerreiras, metade "ninjas" metade cantantes de etno-tecno; o malévolo DJ Dacosta, cos seus poderes e a súa música hipnótica; o varón Von Zeppelin, que alugou a súa alma -maila mansión dos seus devanceiros- a Dabondo e seus secuaces e, por suposto, os "machacas de Balbino, Max e Mino. O