O malvado Dabondo esperta dun pesadelo convertido nunha persoa moi diferente, xa que agora o multimillonario quere facerse un bo home e dedicar tódolos seus esforzos á creación dun mundo mellor, e, aínda que os seus secuaces están horrorizados por este cambio, el mantense firme. Así, a súa primeira obra vai se-la creación dunha rede de calefacción europea utilizando a forza telúrica do Vesuvio. Os viaxeiros desprázanse ata ó sur de Italia para presencia-la primeira erupción controlada do volcán e alí se encontran co novo Dabondo que os convida a quedarse nunha luxosa mansión de Nápoles. Cando todo parece ir moi ben, Dabondo recibe a visita dos seus parentes da mafia e o novo benefactor recobra a súa malvada personalidade. Mentres os viaxeiros aínda confían en Dabondo e nos seus capos, estes preparan secretamente un pllan para converte-la erupción do volcán nunha traxedia mortal para toda Europa.