Dabondo e Balbino fíxanse nunha enigmática persoa para desfacerse dos viaxeiros do camiño para sempre. Mantrak, así se chama, é presentado na televisión coma o home que ten o cerebro mellor dotado do planeta e que é capaz de facer desaparecer a torre eiffel durante unha hora, así como provocar outros fenómenos paranormais. Como consecuencia do plan de Dabondo, en Way Site empezan a pasar cousas moi estrañas, como certos animais que falan e xesticulan coma os humanos, obxectos inanimados que cobran vida e camiñan pola rúa provocando o pánico da xente, así como o bombardeo da biblioteca que os viaxeiros utilizan como centro das súas operacións. Leonardo advirte que se trata dun fenómeno de Poltergeist, mentres Merlín busca no seu arrquivo casos similares que aconteceran no pasado nesta cidade. Pero a causa dos raros sucesos está en Mantrack, que ten unha extraordinaria habilidade para converti-los seus soños en pesadelos reais, chegando a atrapar neles ó mesmo Merlín. Este vailles explic