Os viaxeiros do Camiño salvan o mundo dun completo caos infórmatico. O certame de inventores deste ano en Xenebra ten un visitante especial, Leonardo o bibliotecario de Way Site, que foi invitado para presentar o R-7, unha fantástica curuxa que acompaña os nosos heroes en tódalas súas aventuras. Pero o desenvolvemento deste certame está sendo espiado polo malvado Dabondo, que espera atopar aquí unha máquina que lle dea o control total sobre Internet, o único territorio en todo o planeta que aínda se lle resiste ó seu dominio. Unha vez en Xenebra, Leonardo revela ós viaxeiros do camiño o novo invento técnico que inclúe o R-7, consistente nun microchip instalado na curuxa, que se convirte nunha perfecta máquina para navegar por Internet sen ningunha barreira e cuio decodificador permite acceder a calquera sistema, desde os ordenadores da Nasa á oficina do banco de calquera esquina. Dabondo descobre a existencia deste aparello e decide facerse con él introducindo un virus fabricado polo m