O Xabarín e a panda dos Vixilantes van cara Londres para deixa-la súa réplica no Museo de Cera e presenta-lo Gran Festival do Mundo, un macro concerto ó que vai asistir unha representación da música étnica de todo o planeta. Os convidados polo Xabarín serán uns dos primeiros viaxeiros que cheguen á capitan británica a través do tren baixo o túnel da canle, que foi transformado nunha discoteca ambulante con centos de stands de discos de tódalas compañías discográficas do mundo, entre elas tamén a de Dabondo Records. En Londres, Dabondo e os seus homes asisten a unha conferencia dun músico hindú autor dunha melodía co poder de cambia-los comportamentos dos animais, algo que motivará o seu secuestro. Baixo o túnel, os vixilantes observan o espectáculo das baleas nadando no Mar do Norte, pero de súpeto a actitude dos animais vólvese violenta chegando a ataca-lo tren. Dabondo e os seus homes piden unha suma millonaria de cartos ó goberno Británico para dete-lo ataque das baleas, polo que os