A megaestrela Xabarín viaxa a Lugar do Camiño coa intención de pasar unhas tranquilas vacacións. Nesta esquecida vila, que noutro tempo acolleu á Orde dos Vixilantes do Camiño, coñecerá a panda que o haberá de acompañar en multitude de aventuras pola vella Europa. Roi, un can de palleiro soñador; Rómulo e Reme, dous raposos moi listos; o mago Merlín e o sabio inventor Leonardo; R-7, unha curuxa mecánica e, por suposto, Xabarín, resucitarán para toda a humanidade a orde de Os Vixilantes do Camiño, enfrontados ás forzas do mal, que encabezan o malvado hipopótamo Dabondo e o seu acólito Balbino, a rata albina. Kati Kate, é unha estudiante irlandesa becada polo proxecto Erasmus, que chega a Lugar do Camiño para estudia-los derradeiros vestixios do chamado Camiño das Estrelas, e que se xunta á panda protagonista. O obxectivo dos veciños de Lugar do Camiño é conquerir que Xabarín lles axude a combater coas forzas do mal para que o desaparecido Camiño das Estrelas reucpere todo o esplendor pe