Xosé Luis Blanco Campaña e Óscar Pereiro compiten nesta ocasión, xunto aos seus compañeiros da escola, polo título de Os mellores da clase. A cultura e o deporte: as paixóns que impulsaron as vidas das estrelas que participan nunha nova entrega do programa. Óscar Pereiro deixará a bicicleta para lembrar cando quería ser médico e da man de Blanco Campaña, os espectadores viaxarán a un tempo de rapaces estudando con sotana.