O cociñeiro Xoanqui Ameixeiras é campión de karate e a cantante Sabela Ramil adora o pan e entra nos concertos cun fuet baixo o brazo. Este tipo de cousas só llas contan a María Mera no programa “Os mellores da clase”. E haberá moito máis! Un pai sueco, un loro que canta “A Carolina”, unha chea de sorpresas e moitos recordos cargados de emocións e nostalxia. Sabela e Xoanqui non llo van poñer doado á presentadora e loitarán, ata o último segundo, polo título que recoñeza a un deles como o rei ou raiña do tempo na escola.