Xosé Ramón Gayoso tiña que ser abogado e Teresa Abalde criminóloga. Algúns anos despois, o presentador de Luar e a influencer, acuden a Os mellores da clase para lembrar o tempo da escola e explicarlle a María Mera que foi o que os levou por camiños diferentes aos que tiñan asignados.
Grazas ao programa, veremos a Gayoso tocar a bandurra e a Teresa Abalde imitar a Rocío Dúrcal. Ámbolos dous veñen cos seus equipos a polo trofeo, pero aprobalo todo non vai resultar nada doado.