Os mellores da clase ten, nesta ocasión, un episodio moi musical. Teo Cardalda e Roi Méndez representan a dúas xeracións de intérpretes galegos recoñecidos máis aló das nosas fronteiras. Grazas ao programa mudarán as cancións polos libros e voltarán á escola, a aqueles anos nos que Teo era o máis moderno de Vigo e Roi todo un experto na elaboración de plans para copiar nos exames. María Mera ten unha chea de puntos para eles, pero deberán aplicarse para facer o mellor exame final e alzarse co trofeo.