O deportista Fernando Romay di que pasou a súa infancia vestido de señor maior e a gaiteira Susana Seivane conta que enlazaba castigos ao longo da adolescencia. Grazas a “Os mellores da clase”, ámbolos dous poderán corrixir o seu pasado e loitar polo primeiro posto nesta peculiar escola televisiva. Romay e Seivane deberán ser aplicados, xa que as disciplinas que imparte María Mera son bastante diferentes a como os nosos famosos as lembraban.