José Manuel Parada e Pili Pampín. Este capítulo de “Os mellores da clase” é de traca, un auténtico duelo de estrelas competindo por acadar o podio. José Manuel Parada e Pili Pampín xuntos nun programa de televisión e dando guerra, moita guerra, coa axuda dos seus acompañantes. Parada era o alumno perfecto, aplicado e responsable. Pili só quería cantar e podíala atopar, en calquera momento, ensaiando diante dos espellos que adornaban o restaurante dos pais. Xuntos van emprender unha viaxe onde lembrarán a importancia das avoas, a paga dos domingos e os sabores da infancia.