Moncho Borrajo representa a época ye-yé e Patricia Pérez a movida viguesa dos oitenta. Como era a escola neses anos? E eles, eran bos ou malos alumnos? Todas estas preguntas terán resposta nunha nova entrega de Os mellores da clase. Moncho Borrajo revivirá a fascinación que tiña polas películas de Marisol e Patricia Pérez as cancións de Michael Jackson que soaban no radiocasete da súa habitación. Moncho e Patricia lembrarán cousas esquecidas, divertiranse e, sobre todo, loitarán cos seus equipos por acadar trofeo do programa.