Diana Nogueira e Manuel San Martín acoden ao programa para demostrarlle a María Mera quen destacou máis nos tempos da escola. Os mellores da clase vivirá hoxe unha loita singular, xa que os nosos participantes, ademais de actores, son tamén parella. Diana lembrará, entre outras moitas cousas, os anos nos que estudaba anatomía patolóxica e Manuel cando marchou aos Estados Unidos para cursar BUP. Quen levará o trofeo despois de superar todas as disciplinas e probas? De seguro, o que máis goce da experiencia.