O blues galego é o protagonista deste programa. Comezamos con Victor Aneiros e o seu novo traballo, un rockeiro ferrolán con alma de bluesman, para seguir co frontman da Bakin Blues Band, Javi Turnes, e que nos conte sobre a banda de blues e sobre o festival Fisterra Blues Experience. E para rematar están The Lakazans, co seu country e soul por riba de todo este blues, cunha colaboración estelar en directo con Tucho. O erudito é o gran Julián Hernández.