Índice de contidos 01:15 Laroá 08:26 Diego Pacheco 15:44 Transilvanians 23:30 O erudito: Xurxo Souto 26:03 Diego Pacheco 27:12 Laroá 31:13 Diego Pacheco 36:49 Transilvanians Este programa céntrase no Mestizaxe en Galicia, mostrando tres exemplos moi dispares, como o de Laroá, unha banda onde converxen raíces cubanas, galegas, catalanas... para fusionar a tradición galega cunha morea de estilos a través do virtuosismo dos seus integrantes, relacionados co Jazz en Galicia. Outro exemplo é o traballo de Diego Pacheco, unha fusión desta volta do folk americano ca tradición flamenca, como a raza do cabalo que lle da nome ao disco, o Mesteño, coñecido en norteamérica como o Mustang, o cabalo yankee por antomasia, descendente do pura raza español. E por último temos a Transilvanians, a gran banda de swing e reggae galega, que acompaña a grandes xamaicanos como Roy Ellis nas súas xiras por Europa. O erudito de este programa é Xurxo Souto.