"Os Bolechas. One 2 Three", é o primeiro espacio televisivo de inglés-galego para escolares de educación infantil e primaria. Cada capítulo desenvólvese arredor dunha temática sobre a que xira tanto a clase de inglés dos Bolechas como a canción da sección "Sing with me" e o desafío final "ABC", que permitirá aos personaxes da serie, e tamén aos cativos, poñer a proba o aprendido.