No CPR Casa do Neno (Santiago) teñen un proxecto interesantísimo. Chámase Con-Ciencia e trata sobre ciencia pero tamén sobre como aprender correctamente e de forma divertida. Neste capítulo explican como o fan. E no experimento final… máis ciencia: incharemos un globo mediante unha reacción química.