Xurxo e Carlos deciden poñe-las cartas sobre a mesa con respecto á desaparición de Laura. Cada un cóntalle ó outro o que descubríu. Laura fixo negocios co promotor andaluz por medio da xestoría, pero ás costas de Carlos. Agora el vese implicado no delito. Pero Xurxo tamén, porque el recibiu de Laura unha cantidade de diñeiro que, sen dúbida, ten unha procedencia ilegal. Bieito Galán un vello amigo de Lucio e ex-saxofonista, pídelle cartos prestados para montar un suposto negocio. Lucio négallos pero finalmente acabará pagándolle a pensión. Marta e Iván, cada un polo seu lado, están a chatear cóntandolle os seus segredos aos seus respectivos interlocutores que se identifican cun alias. Cando os dous xoves quedan citados coas súas respectivas parellas, van levar unha gran sorpresa. Carlos e Fran non fan máis ca rivalizar por Silvia. A relación entre Silvia e Fran semella asentada novamente, nembargantes, a influencia invisible que exerce o mozo sobre a rapaza, pode que estea a converter