Lucio anda todo ilusionado por mor da próxima actuación de "Os Atlánticos". Ha ser nunha pequena vila onde hai trinta anos Lucio coñeceu a Sabela, unha fermosísima muller da que garda unha lembranza moi intensa e á que nunca volveu ver. Ela adoitaba chamarlle "O meu bailador". Brais é cómplice en todo momento desa ilusión e tenta axudar a Lucio. E non só neso. Lucio e Brais bótanlle unha man a Carlos e Carme, que están preocupados porque Raquel emite estraños queixidos. Organizan unha festa sorpresa para levantarlle o ánimo a Raquel. Iván desafía ó "gran Martínez" a unha partida de póker de dados. O que non sabe Iván é que Martínez ten unha "arma secreta" que lle permite gañar sempre. Pero hai alguén na vila que sí coñece o segredo: Dorinda. Fran non fai máis que interferir na convivencia de Marta e Silvia. Marta tenta convencer a Silvia de que lle prante cara. O que non sabe Silvia e que a Fran mólanlle as mulleres con carácter. A Policía desmantela unha trama de corrupción urbanísti