Lucio quere facer un cartel novo da orquestra e contrata un fotógrafo de confianza. Todo parece ir ben ata que o fotógrafo insiste en que precisa facer unha sesión de fotos máis con Silvia. Carlos, sospeita das súas intencións, e acode a "salvala" das gadoupas do fotógrafo, que según el, pretende aproveitarse de Silvia. A moza, nun primeiro momento enfádase con Carlos, pero despois rise da metedura de zoca deste. Martínez quere celebrar por todo o alto a comuñón da súa repelente sobriña e, para iso, contrata aos Atlánticos. Non están moi convencidos, pero Iván pídelles por favor que accedan ás súas peticións, xa que Martínez podería tomar algún tipo de represalia contra el. De mala gana, acaban aceptando e deciden tocar na comuñón, pero as cousas non acaban moi ben. Pola súa banda, Carlos convida a cear a Brais unhas berenxenas que cociñou Carme. Brais, que é alérxico, non dí nada para gañar puntos con ela, pero acaba sufrindo as consecuencias. Cando Carme descubre que é alérxico, lon