Na vila hai unha grande polémica pola instalación dunha fábrica contaminante nuns terreos de Martínez. O comité ecoloxista, do que forman parte Carme e Brais, proponlle á orquestra que toque gratis contra a fábrica. Lucio descobre un prometedor negocio vendendo "merchandising" ecoloxista. E Iván converte a copistería no aparello de propaganda do comité, ás agachadas de Martínez.
Raquel acepta inicialmente asesorar a Martínez no conflito, máis descobre un "burato" xurídico que dará a razón ao comité para paralizar á fábrica. Sen embargo, cando a fábrica se instala no concello veciño, inesperadamente Lucio será o gran beneficiado, de feito sorpréndeos a todos coa súa marcha cara unhas longas vacacións ao Caribe. - Neste capítulo Os Atlánticos interpretan o tema orixinal: "Terra" de PITI SANZ e IVÁN LAXE.-