Marta confésalle a Silvia que precisa sexo sen compromiso. Lucio proponlle a Raquel que se pase polo bar para relacionarse coa xente o que ocasionará un conflito entre os dous. Os Atlánticos teñen que decidir sobre a reincorporación de Laura, coa posible redución de soldos no caso de continuar tamén Silvia. Ao final, por convertérense nunha orquestra con dúas cantantes soben o "cachet". Son unha orquestra-espectáculo.