Marta decide contarlle a Silvia que Fran intentou "liarse" con ela, pero Silvia non a cre e vai contrastar a información coa versión de seu mozo, quen a vai convencer de que todo é un invento de Marta para amolalo. Carlos decide intervir en defensa de Marta, pero Silvia non atende a razóns e enfádase cos dous. Doutro lado, hai boas noticias para Fran porque acaban de darlle o traballo da súa vida pero... ten que ir a Madrid, así que lle pide a Silvia que marche con el e comecen unha vida xuntos. Xurxo recibe unha chamada de Barreiro, quen non está disposto a seguir adiante coas pescudas para atopar a Laura e abandona a investigación. Desorientado e sen saber a quen recorrer, Xurxo decide chamar a un programa de televisión no que axudan a atopar xente... Pola súa parte, Raquel recibe unha chamada de Urco na xestoría para ofrecerlle 100.000 euros por destruír os documentos do ordenador de Laura. Raquel non acepta e cóntallo a Carlos, que cada día que pasa está máis preoucpado. Doutro l